Nunha cita que se repite nos últimos anos, unha ampla representación do Basque Culinary Center volveu visitar a DOP Mexillón de Galicia.
Este centro formativo pioneiro en España púxose en marcha fai cinco anos en San Sebastián e está integrado por unha facultade de Ciencias Gastronómicas e un centro de investigación e innovación en alimentación e gastronomía. Ademais, conta cun consello asesor do que forman parte algúns dos mellores cociñeiros do mundo.
Unha das tarefas incluídas no seu programa formativo consiste en dar a coñecer aos alumnos os produtos máis sobresalientes da despensa alimenticia local, nacional e internacional. O Mexillón de Galicia forma parte desa lista, por iso é polo que a visita do Basque Culinary Center converteuse en habitual. Nesta ocasión foron máis dun centenar de estudantes os que tiveron a oportunidade de solicitar información directa sobre as particularidades da contorna natural no que se produce o Mexillón de Galicia e que lle confiren unhas características únicas que o converten no mellor mexillón do mundo.
As explicacións estiveron a cargo de Ángeles Longa, responsable de I+D da DOP, quen detallou aos alumnos durante o percorrido realizado pola Ría de Arousa a importancia histórica e socioeconómica do sector mexilloeiro en Galicia, así como as razóns que fan das nosas rías uns lugares privilexiados para a produción do mexillón. Os futuros cociñeiros interesáronse por aspectos técnicos relacionados coa construción das bateas e a disposición das súas cordas e tiveron a oportunidade de observar nunha delas o traballo dos bateeiros.
Ademais de coñecer o hábitat onde se cría, a viaxe permitiu a estes mozos cociñar e degustar este bivalvo. Foi no curso dun showcooking no que participaron algúns dos cociñeiros galegos máis recoñecidos. Xunto ao Mexillón de Galicia, elaboráronse distintas receitas a partir de produtos galegos de calidade amparados por denominacións de orixe.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.