Un díptico para informar sobre a Lei de Acuicultura

12 Febreiro, 2016

O sector do Mar acaba de dar un paso máis na estratexia desenvolvida para dar a coñecer entre a cidadanía os motivos da súa oposición á Lei de Acuicultura. Esta nova acción consistiu na elaboración dun díptico a todo cor que, combinando ilustracións e textos de apoio, contribúe a explicar cunha linguaxe moi accesible para todo o mundo que pretende esta Lei e cales serían as consecuencias da súa aprobación, por unha banda, e que representa o sector do Mar para Galicia e cales son realmente as súas necesidades, por outra.

A repartición masiva deste díptico entre toda a cidadanía comezará de inmediato.

Enlace para descargar o díptico