Miniburger Mexillón de Galicia, un prato de etiqueta

23 Decembro, 2015

“Mexillón de Galicia. A etiqueta na túa mesa” foi o título da iniciativa desenvolvida recentemente pola DOP “Mexillón de Galicia” e a escola de hostalería Carlos Oroza para incentivar o consumo deste bivalvo nestas datas de Nadal. Hoxe traemos aquí unha das receitas presentadas no showcooking celebrado no marco desas xornadas: o miniburger Mexillón de Galicia.

Ingredentes para 20 racións

-600 gramos de vianda de Mexillón de Galicia; 20 gramos de cilantro picado; 10 gramos de allos picados; dos ovos; pementa negra molida.

-Para o pan de castañas: 600 gramos de fariña gran forza; 400 gramos de fariña de castaña; 20 gramos de sal; 350/400 ml de auga; 50 gramos de levadura.

-8 unidades de rúcula e 8 unidades de mostaza en folla.

Elaboración

-Pan de castañas: amasamos o pan, deixamos repousar en bloque 10 minutos.

Formamos bolas de 30 gramos e as aplastamos lixeiramente. Deixamos fermentar unhas 2 horas tapado.

Cocer a 190 grados con algo de vapor uns 8 minutos.

-Hamburguesa: os Mexillóns de Galicia ábrense ó vapor. Enfríanse e pícanse. Coa carne picada da vianda elaboranse hamburguesas de 30 gramos e se dispoñen sobre discos.

Cociñar en parrilla, non demasiado.

Montar unha hamburguesa sobre o pan.