Mexillón de Galicia felicita o Nadal

22 Decembro, 2015

Unha viñeta do ilustrador Luis Davila é o formato elixido este ano pola DOP Mexillón de Galicia para a súa tarxeta de felicitación do Nadal.

A fórmula ten un dobre obxectivo: por unha banda, felicitar as festas, e, por outra, potenciar o consumo de Mexillón de Galicia nunhas datas tan significadas.

Para conseguilo, Davila introduciu na narración elementos que poñen de relevo a clara diferencia que existe entre Mexillón de Galicia e o resto. De feito, so hai que ver a expresión de felicidade do Papa Noel, consciente de que vai ter a oportunidade de degustar o Mexillón de Galicia, un produto único, exclusivo, que confire categoría á mesa onde está presente.

A resignación dos renos, que han de conformarse coa “tercerilla”, potencia de forma simbólica esa idea de contraposición entre un produto excelso e outro que non o é.