Mexillón de Galicia participa no Día da Acuicultura

26 Novembro, 2015

O vindeiro luns, día 30, celébrase o Día da Acuicultura. Para esa data, a Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago organizou un programa de actividades con talleres interactivos sobre investigación e acuicultura. Ademais haberá degustacións de produtos de acuicultura. A DOP Mexillón de Galicia colabora nesta interesante iniciativa promovida pola Universidade proporcionando ou seu produto.