Publicado o boletín nº 11 Mexillón de Galicia

1 Outubro, 2015

A sentenza condenatoria do Xulgado Mercantil de Pontevedra contra unha empresa que vulnerou a normativa da DOP relativa á etiquetaxe é a noticia que abre o Boletín do Consello Regulador. O menú informativo do número 11 desta publicación inclúe ademais os datos da campaña da DOP destinada a promover o consumo en fresco do mexillón, moi superiores aos de edicións anteriores, así como o convenio alcanzado con Consumidores encamiñado a conseguir unha etiquetaxe veraz nas conservas de mexillón. En canto ao apartado destinado a I+D, nesta ocasión abórdanse as mareas vermellas.

Esta oferta informativa insérese agora nun novo deseño co que se pretende achegar unha imaxe máis moderna e facilitar a lectura dos seus contidos.

Descarga o boletín Mexillón de Galicia nº 11