|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O mexillón é un animal de sexos separados. O macho cando está maduro verte os espermatozoides áauga, tendo lugar a fecundación dos óvulos maduros no interior das femias. As larvas producidas, unhas 800.000 por femia, fan vida peláxica durante uns días mentras completan o seu desenrolo, e logo fíxanse a un sustrato mediante os filamentos do biso. O Mexillón de Galicia ten unha característica
forma de machada, puntiaguda e grosa no extremo anterior ou umbo, e longa
moi afiada no posterior. A súa cuncha está formada por duas
valvas iguais de carbonato cálcico, cubertas externamente por unha
capa de cor negro azulado, onde se poden observar unhas liñas concéntricas
denominadas estrías de crecemento. A articulación dunha
valva coa outra realízase por medio dun sistema bisagra denominado
charneira. O Mexillón de Galicia aliméntase por filtración, aprobeitando o fitoplancto que se atopan na auga do mar. A súa capacidade de filtración é excepcional, chegando a filtrar ata 8 litros de auga a hora. Como alimento, o Mexillón de Galicia é unha fonte protéica de excelente calidade, con valor nutritivo similar ó da pescada, langosta e a maioría dos animais mariños comestibles. VALOR NUTRITIVO O Mexillón de Galicia é un alimento equilibrado, san e dietético. Rico en proteínas, vitaminas e sales minerais, o Mexillón de Galicia é un alimento completo e ideal para todo tipo de dietas, apto para réximens baixos en calorías, cunha aportación idónea para os mozos e en xeral para todas aquelas persoas que desexan unha vida sa. Ademais o seu baixo nivel de colesterol facilita a coordinación ósea e muscular.
Unha ducia de Mexillóns de Galicia equivalen a 150 g de carne, e 100 g de mexillóns proporcionan un cuarto das proteínas diarias que un adulto necesita.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||