Menu
   Inicio
   Mexillón
   Consello
   Receitas
   Sector
   Cultivo
   Comercialización
   Noticias
   Mareas
   Enlaces
   Buscar

A FILOSOFÍA DE CULTIVO

A filosofía de traballo que o sector ven mantendo dende os seus inicios é de cultivo artesanal, nos seguintes aspectos:

1.- Mantemento do modelo de producción ecolóxico baseado na economía familiar, sen prexuizo da necesaria capacidade competitiva que garante ó consumidor a maior calidade ó prezo máis alcanzable.

2.- Realización do labor en sintonía co contexto que nos rodea, con emprego de tecnoloxías non agresivas para o ser vivo que estamos a cultivar, o mexillón, e abertos á incorporación das innovacións que as investigacións nos proporciona.

3.- Non facer uso da manipulación xenética, da biotecnoloxía, etc., en tanto non se contraste cientificamente que os productos obtidos son en termos xerais totalmente inocuos, e mais concretamente para a saúde dos consumidores, e de xeral aceptación pola sociedade.

4.- As Rías Galegas son zonas de gran producción primaria, esto é, que aquí dáse o un importantísimo afloramento de plancto, polo que o cultivo será extensivo, sen manipulación do medio nin emprego de alimentación asistida, limitándose a colocar o mexillón nas cordas de cultivo da forma mais eficiente para que elmesmo obteña a mellor alimentación do mar, o plancto.

5.- A sanidade do Mexillón de Galicia está totalmente garantida, e no seu cultivo e manipulación non se fará uso de medicamentos, vacinas ou calquera outro producto farmacolóxico ou químico, preventivo ou curativo.

6.- Fresco, sen engadir ningún tipo de conservante. Así é como accederá o Mexillón de Galicia ó mercado, e en envases 100% reciclables.

En resumo, recoñecese o dereito de igualdade de tódolos consumidores ó acceso a un producto de alimentación de altísima calidade ó prezo mais alcanzable.

AS RIAS

TÉCNICA DE CULTIVO A BATEA

Sobre Mexillón de Galicia
© Mexillón de Galicia · Consello Regulador ·
Tlf./fax:+34 986 507 416 +34 986 506 224
E-mail: info@mexillondegalicia.org
Dirección: Avda. da Mariña,25 36600
Vilagarcía de Arousa. Pontevedra - España
 
Área Privada